Esta semana o noso alumnado asistiu a dous espectáculos teatrais da man do Grupo Chévere, no Auditorio de Galicia.
O martes 8 os rapaces e as rapazas de 4º ESO coñeceron algúns momentos da nosa historia recente, e non tan recente, grazas a Curva España, unha peza que o propio grupo clasifica como teatro-documento e ficción teatral. Nela teatro e cine entrelázanse para desvelarnos algúns datos máis sobre o accidente do enxeñeiro España nunha curva de Verín nos días nos que se estaba decidindo o trazado das vías do ferrocarril por terras ourensás.
E este venres 11 foron as mozas e os mozos de 1º do Bacharelato os que puideron desfrutar de N.E.V.E.R.M.O.R.E, unha peza teatral que os levou ata aquel 2002 do Nunca Máis.
Deixámosvos algunhas imaxes, por cortesía de Severiano Casalderrey e Ana Camiño, do noso alumnado e dos actores:
Ningún comentario:
Publicar un comentario