A Biblioteca Mario Pereira do IES Ramón Mª Aller Ulloa xa ten unha nova canle de expresión.
A radio xa comezara a dar os primeiros pasos no noso centro da man da profesora Mª Jesús Barcala. Agora, grazas ao Programa Radio na Biblio, alumnado e profesorado poden formarse no medio.
Onte tocoulle a rapazada de 4º da ESO. Guiada por Denís e a Rede espora, aprendeu a organizar os guións e gravar os seus propios programas.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes das sesións de formación, á espera dos podcasts que están a elaborar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario