A nosa historia non sempre está recollida nos libros, nin nas redes... Hai unha gran parte que temos que investigar cos nosos maiores, porque eles foron os protagonistas e son os que teñen toda a información.
E grazas á invitación da Residencia Virxe das Dores puidemos falar con estas persoas que tantos coñecementos teñen e que tan pouco se fan escoitar.
Así, o alumnado de 1º de Bacharelato, elaborou un cuestionario para recabar a información sobre as escolas, os xogos tradicionais, as festas da aldea e como se ía a elas, as músicas daquela época, viaxes que se facían ou que a estes anciáns lles gustaría facer, profesións e profesionais do século pasado, traballos de campo, nomes das leiras, soutos ou carballeiras que traballaban, animais cos que había que convivir, importancia das fontes e dos muíños...
María Jesús Barcala
Ningún comentario:
Publicar un comentario