Como ramo ao Proxecto competencial Lalín, o concello das mil vacas, desenvolvido polo alumnado de 2º da ESO da materia de Libre disposición, polo do Club de lectura ABCD do 1º ciclo da ESO e polo do Club de lectura Tarabelos I de 3º da ESO, so a coordinación de Carmen Frade (ideóloga do Proxecto), Iria Ares, Sylvia Cea e Uxía Nogueira, editamos un novo boletín d’ A Marela Tarabela, o nº 33, monográfico que escolma os tres apartados básicos nos que foi estruturado: entrevistas, memorias dunhas nenas labregas e antoloxía literaria de temática gandeira e agraria, suxestións de lectura.
Ao respecto, a coordinación do mesmo cualifica o Proxecto de necesario co obxectivo de reivindicar o papel social, cultural e
económico que o campo xogou e xoga na dinamización da economía e das
tradicións. Todo un reto para pór en valor o noso pasado etnográfico entroncado
co devir presente da actividade gandeira e xaora agraria.
Lembrade que podedes descargala en PDF
Ningún comentario:
Publicar un comentario