ABCD escolleu como penúltima lectura do curso todo un clásico, Memorias dun neno labrego. A lectura da obra de Neira Vilas intégrase no Proxecto "Lalín, o concello das mil vacas", no que o alumnado traballa na materia do Proxecto Compentencial.
No caso do club de lectura, despois de ler e debater sobre as aventuras de Balbino, as rapazas e os rapaces indagaron sobre a mesma época, mais convertendo en protagonista a unha nena: avoas maternas, basicamente, pero tamén algunha veciña, que narraron as súas aventuras como nenas de aldea na segunda métade do século XX.
As narracións pódense ver e ler no taboleiro da biblioteca. E unha pequena selección formará parte da guía da lectura sobre gandaría que se está a elaborar, a nosa marela deste curso 23-24.
Coordinan o club e a exposición Iria Ares e Sylvia Cea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario