Páxinas

02 outubro, 2024

Viravolta e a Marela, a bailaren no aro dunha peneira.

A UNIMA (Union Internationale de la Marionnette) é a organización teatral máis antiga do mundo, presente e máis de noventa países. A súa  Comisión de Patrimonio, Museos e Centros de Documentación  acaba de publicar a listaxe de premiadas e premiados  cos Certificados de Recoñecemento pola Conservación do Patrimonio Titiriteiro. Trinta e sete persoas de todo o mundo foron recoñecidas e, entre eles, Pili Álvarez, Xulio Balado e Anxo García, os viravoltos.

A colaboración da nosa biblioteca con Títeres Viravolta e os seus compoñentes é tan longa e constante que case os consideramos integrantes do noso equipo de apoio.

Como non vai reloucar de ledicia a Marela!
Estes tres son resultado da nosa primeira colaboración. No curso 88/89, Javier García pediunos a celebración dun Obradoiro de títeres. Presto acudiu Anxo, no que debeu ser unha das súas primeiras ¨titeretadas" nun centro escolar.

No 2006, nacía PLAMBE e programamos a construción duns expositores de novidades con cartón e cola. Tiñamos unha idea máis convencional, pero ben vedes o resultado: a de Anxo era mellor.


Viravolta sempre puxo á nosa disposición a súa moi especializada e rica biblioteca. Para a primeira exposición (2011) sobre Literatura de Cordel, celebrada baixo a advocación de Santo Torrisco, contamos cos seus exemplares brasileiros.



Ningún comentario:

Publicar un comentario