Páxinas

11 abril, 2008

Tony River, Antoine de la Rivière, Antón Riveiro... e familia




Sabiamos da dificultade da proposta. Tratábase de reunir varias xeracións familiares arredor dun libro. O alumnado de referencia era de 1º de BACH, seguramente o menos adecuado, pois correspóndese con idades en que se adoita crear “distancias” con pais/nais. Por outra banda, pais/nais que sabemos que se sumaron á proposta non deron o paso de acudir ao encontro.

Así e todo, xuntámonos un bo feixe de xente e Antón (afable, falador, narrador) cativounos. Transcorreron unhas horas e xa nos chegan mensaxes de que hai que repetir.

Só houbo un problema: un sobriño de Velarde (o “malo malísimo” de Casas Baratas) presentouse ao final do encontro, Antón púxose branco como a cera, as mans comezáronlle a tremer e a tinta –vermella, claro- con que asinaba dedicatorias estivo a piques de se lle conxelar. A cousa non pasou dunha taquicardia e o falso Velarde descubriu a súa identidade real: era Javier, o profesor de castelán, limiao el tamén.

Ora ben, que pasaría se os “malos” das novelas tomasen vida e se lle presentasen aos escritores nunha sesión de sinaturas? Polo visto, Antón Riveiro non desbota esa posibilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario