20 febreiro, 2008

LeA Casa: Casas Baratas de Riveiro Coello

Dentro da Trama IRMAU (a nosa rede de Clubs de Lectura), incluímos o LeA Casa.

Le a casa. A casa le. Lea casa. Lea, casa. Lea como se lea, é unha proposta para que as persoas que conviven co noso alumnado de 1º BAC compartan unha lectura da programación de lingua e literatura galegas.

Buscamos un libro que suscitara o intercambio de opinións sobre temas interxeracionais (calquera novela de iniciación podería valer) e no que algunhas cuestións (espazos e tempo/s) fosen máis recoñecibles polo adultos, de xeito que estes complementasen a compresión d@ alumn@.

A proposta é Casas Baratas de Antón Riveiro Coello: anos 69/70, infancia e adolescencia nunha vila (Xinzo, ou calquera outra), tensión entre a cultura agraria e a rural...


http://www.edu.xunta.es/centros/iesallerulloa/system/files/A+marela+tarabela+6+%28Gu%C3%ADa+Casas+Baratas%29.pdf
Envíamos aos domicilios unha carta na que explicabamos os obxectivos do proxecto e encargámoslles á Marela Tarabela unha guía de lectura con suxestións de debate.

Estannos chegando as primeiras ondas e, si!, algunha pequena lea, algún barulliño, estase armando... Polo que sabemos, ningún de tipo negativo.


Se queredes a guía podédela baixar aquí, e se tedes algunha suxestión que facernos, ben que volo agradeceremos.

Ningún comentario: