Hai un par de anos, por febreiro, tivemos a feliz iniciativa de desenvolver unha actividade que nos mostrara Carme Loriga.
Van tres persoas que fedellando neste blog deron coa entrada e advetíronnos de que aqueles enlaces non funcionan. É certo. O servidor que utilizaramos vai nas vinchas.
Por iso, para aquelas tres e cantas queiran, aquí tedes esa pequena antoloxía de poemas de amor. Foi feita polo equipo da biblioteca, sen máis criterio de que había algúen ao que lle gustaba un poema e lle parecía que lle podería gustar a algún alumno ou alumna.
Tan simple! (Engadide, tamén, esta preciosidade.)
Estupendo trabajo. Gracias por compartirlo con todos. Parabéns e saúdos dende Loranca.
ResponderEliminar