Páxinas

07 marzo, 2016

4 x 8 (BD) para o 8 de marzo (1)

Tradicionalmente a BD non foi terreo propicio para mulleres, nin como creadoras (véxase, aínda, a última polémica en Angoulême), nin como personaxes: non era esaxerada a alerta Women in Refrigerators (WiR) lanzada, en 1999, por Gail Simone.

Amodiño, amodiño, o panorama vai cambiando e, para comprobar ata que punto o noso catálogo o rexistra, empezamos a remexer  nel na procura de heroínas enfrontadas aos estereotipos do medio.

Con elas, iremos facendo entradas (de 8 en 8) por orde alfabética do título do libro, aínda que a primeira é a primeira e queda fóra desa regra.




A nosa Simón comezou a investigar alá polo 1994 (1994! Van alá máis de vinte anos deste pioneira da BD galega!) e non sabemos dela desde 2009. Seguro que as aventuras e misterios de Simón andan pola maior parte do centros (Fundación Caixa Galicia enviara algúns exemplares) esperando que alguén as descubra. A BD galega pía por novas edicións e novos retos da nosa única e xenial Simón Martel.


Bandette, áxil ladroa de guante branco, está deseñada para atrapar os novos lectores de cómic. Espertou tantos eloxios da crítica que nos vemos obrigados a convidala.




Esta Batgirl anticipa a revisión das “súper-heroínas clásicas” para deixaren de ser simples aditamentos dos súper- heroes, a por de gañar credibilidade e humanidade. Bo guión, excelente debuxo, e lectura aquelada para xente nova (aquela que fóra destinatario primeira e que vai sendo esquecida).




Pois o que diciamos, velaquí como elas xa non son unha versión “floreiro” doutros heroes. Aínda máis: a feminización do xénero superheroico trae consigo a normalización doutras causas (etnia, homosexualidade...). As grandes factorías gringas adáptanse aos novos tempos, sexa por necesidade, sexa por virtude. E por enriba é divertido!




Historia e ambiente bélico para reconstruír / reivindicar “As bruxas da noite”, aquelas mulleres soviéticas  do 588º Rexemento de Bombardeiros Nocturnos, que aos mandos de auténticas caldeiretas voadoras sementaron o pánico entre o invasor nazi. Magnífico cómic.



Palabras maiores. Imposible condensar en estas breves recensións a excelencia do guión e a xenialidade do debuxo. Mulleres autoras, mulleres protagonistas. Arte maior.



Detective privada, canadense de orixe india e seropositiva, Carolina Baldwin descríbese na Bedetheque como "unha personaxe de muller forte, moderna, irtigamente independente tanto no seu traballo como nos seus amores, pero ao mesmo tempo tenra e sensíbel"




Nesta obra imprescindible da actual ficción científica, "las mujeres fuertes, marca de la casa, sostienen el hilo argumental /.../. Moore deposita la ética, el sacrificio y la capacidad de redención -de la que carece parte del elenco masculino- en la física Annie Trotter, la fotógrafa Julie Martin y la detective Ivy Raven. Esta letal combinación contra el aburrimiento y los estereotipos de género viene acompañada de secundarias carismáticas” en palabras de Elisa G. McCausland.

Ningún comentario:

Publicar un comentario