Páxinas

18 maio, 2016

17 de maio: cadea e libros

Unha cadea formada por mozas e mozos dos dous institutos de Lalín estendeuse entre os dous centros. De cada un sairon dous títulos, como agasallo ao outro e semente de reivindicación para todos.


Nós regalámoslle Astronomía a ollo ceibe, o título que representaría o primeiro libro de divulgación científica no noso idioma e que nunca se chegou a publicar pola chegada da barbarie do 36. Esperamos que as novas barbaries non sigan coutando nin da publicación de ciencia en galego, nin da construción de ciencia en galego, e que Galiza sexa unha opción real para quen queira facer ciencia aquí.


O segundo foi Presas fáciles. Leva moitos anos  Miguelanxo Prado expresando o seu inequívoco compromiso coa lingua, moitos anos proclamando o seu desexo de ver a súa obra en galego... A cousa vai collendo corpo e os últimos títulos xa saen en galego nas mesmas datas que en castelán. Necesitamos que os nosos creadores de dimensión internacional se impliquen co idioma. Miguelanxo non ten dúbidas.



Recibimos Historia do ADN de Daniel Soutullo e Cantos de poeta de Gelria.


Podedes ler aquí o manifesto conxunto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario