[Lectores (electrónicos)]
de Bonil en Humor gráfico de Bonil (Revista ROCINANTE)
Páxinas
▼
03 decembro, 2017
24 novembro, 2017
Premio para Radiografía dun cigarro, en Galiciencia
Ángela, Andrea e Natalia mostran diplomas |
"Radiografía dun cigarro" recibiu o premio á mellor comunicación e presentación oral en "Galiciencia 2017".
O proxecto de investigación foi deselvolvido polo alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de bacharelato, baixo a dirección de Natalia Fernández.
Parabéns!
Máis información e fotos sobre o traballo no Toc-toc_A Ciencia.
18 novembro, 2017
BE, territorio das artes: Música
Se queres descargar o programa de man, preme na imaxe.
15 novembro, 2017
12 novembro, 2017
Encontro con Simone Saibene: Mostra gráfica
09 novembro, 2017
V Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
O Instituto
Ramón Mª Aller Ulloa convoca o V Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de
poesía, relato curto e skecht teatral, dirixido ao alumnado de
secundaria dos centros dezaos.
Preme no
cartel, obra da alumna Julieta Itatí Penas Noce, para ver as bases.
E a seguir o marcapáxinas, traballo da alumna Sofía Gil Madriñán:
E a seguir o marcapáxinas, traballo da alumna Sofía Gil Madriñán:
05 novembro, 2017
Encontro con Simone Saibene
O mércores 8 de novembro
terá lugar un Encontro con Simone Saibene, director de Pelerinaxes, filme baseado na obra de Ramón Otero Pedrayo, co
obxectivo de aproximar o alumnado ás figuras e ao ideario dos
homes da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos; dando a coñecer a viaxe que Ramón
Otero Pedrayo, Vicente Risco e Fernández-Oxea fixeron de Ourense a Santo André
de Teixido no ano 1927. Un achegamento lúdico á Lingua Galega
e Literatura, Historia, Xeografía e Arte; e como non ao turismo sostible.
04 novembro, 2017
Día da ciencia en galego: viaxes pola ciencia.
A ONU declarou 2017 Ano Internacional do Turismo Sostible. Foi unha excelente idea adaptalo, entre nós, como 2017 Viaxes pola Ciencia.
IGACIENCIA explícanos as razóns e as propostas:
- Conmemorar a viaxe do Beagle
- Conmemorar as viaxes de Domingo Fontán para elaborar a Carta xeométrica.
- Reivindicar o Camiño de Santiago como modelo de viaxe sostible.
- Realizar actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX...
- Implicar a outra materias no Ano internacional.
- Manexar o GPS. Entender o sistema de coordenadas GPS e os sistemas de visualización xeográfica como GoogleMaps ou Openstreetmaps.
- Experiencias relacionadas coa orientación. Recrear os primeiros compases cunha agulla imantada sobre unha cortiza flotando nun recipiente con auga.
- Expoñer no centro educativo a serie de carteis sobre Darwin e a Evolución.
- Parcicipar no concurso de actividades con GPS.
- Buscar en novacarta.eu as paisaxes e os miradoiros do norte de Galicia que os fan famosos. .
26 outubro, 2017
28-O: Día mundial da animación 2017. Suxestións
O 28 de outubro de 2017 fanse 125 anos da primeira exhibición de imaxes animadas. Aquel día e ata febreiro de 2018, Emile Reynaud presentou co seu teatro óptico a obra Pauvre Pierrot! no Museu Grevin de Paris.
Desde o 2002, lembrando tal evento, celébrase o día internacional da animación. Para o conmemorarmos, pedímoslle a Seve que nos seleccionase unhas curtas. Agasallounos coas dez propostas seguintes, repartidas en dúas sesións que collen en 50 m.
SESIÓN 1:
- Mon ange, Gregory Casares, Suíza, 2016. 8’. Técnica: 2D CGI. Trailer (Vimeo).
- Locus, Anita Kwiatkowska-Naqvi, Polonia, 2016. 10’. Técnica: Monicreques – 3D CGI. Trailer (Vimeo).
- Nowhere line: voices from Manus Island, Lukas Schrank, Australia, 2015. 15'. Técnica: 2D/3D CGI.
- Die brücke über den fluss, Jadwiga Kowalska, Suíza, 2016. 6’. Técnica: 2D CGI – Cut-outs – Pintura sobre celulosa. Trailer (Vimeo).
- Our WonderfulNature. The Common Chameleon, Tomer Eshed, Alemaña, 2016. 3’. Técnica: 3D CG.
SESIÓN 2:
- Corp, Pablo Polledri, Arxentina, 2016. 9’. Técnica: 2D CGI. Trailer (Vimeo).
- Cavalls morts, Marc Riba e Anna Solanas, España. 6’. Técnica: Monicreques. Trailer (Vimeo)
- To build a fire, FX Goby, Francia, 2017.13’. Técnica: 2D/3D CGI. Trailer (Vimeo).
- Yin, Nicolas Fong, Bélxica, 2017. 10’. Técnica: 2D CGI. Trailer (Vimeo).
- Big Booom, Marat Narimanov, Rusia, 2016. 4’. Técnica: Plastilina. Trailer (YouTube).
Ademais na
sección paralela serán proxectadas, a partir do 27 e durante a semana do 30 de
outubro ao 3 de novembro na bufarra do vestíbulo, as seguintes curtas:
Venres 27:
- Pour une poignee de girolles (2016), de Julien Grande (Bélxica)
Semana 30-O / 3-N:
- The Edge (2016), de Alexandra Averyanova (Rusia)
- Valley of White Birds (2017), de Cloud Yan (China)
- Au revoir Balthazar (2016); de Rafael Sommerhalder (Suíza)
- Le promeneur (2016); de Thibault Chollet (Francia)
- And the Moon Stands Still (2017), de Yulia Ruditskaya (Bielorrusia-Alemaña).
24 outubro, 2017
19 outubro, 2017
Teatro e música para Marie Curie.
O mércores 11 de outubro estreamos no salón de actos a obra-concerto Mulleres que fan historia: Marie Sklodowska Curie. Neste proxecto participaron arredor de 40 persoas e o resultado non puido ser máis satisfactorio. Desde aquí queremos dar os nosos parabéns a todos e a todas, especialmente aos actores principais Lorenzo e Rosa.
Asistiu o alumnado de 1º de bacharelato e tamén estudantes e profesores de Zielona Gora (Polonia) que participou no programa de intercambio lingúistico que o IES Aller Ulloa puxo en marcha o curso pasado e que continuará no vindeiro.
Aquí podedes ver alguna fotografía...
… aquí o programa do evento e unha sinopse da obra...
… e aquí máis fotografías do recanto do Toc Toca Ciencia.
13 outubro, 2017
Todocosmos
No
marco do Programa Todocosmos de divulgación astronómica en Galicia desenvólvese
esta actividade na que participa alumnado do noso IES xunto con alumnado polaco
de intercambio de Zielona Góra.
10 outubro, 2017
Encontro con Marie Curie
O mércores 11 poderemos seguir un breve percorrido biográfico de Marie Curie. Teatro, música e a foto do Quinto Congreso Solvay..., estrea mundial no salón de actos ás 12:15.
06 outubro, 2017
04 outubro, 2017
Baltasar Merino Román. Día da Ciencia en Galicia
Este ano dedicáselle o Día da ciencia en Galicia ao botánico e meterólogo Baltasar Merino Román, profesor que foi de D. Ramón Mª Aller Ulloa, coincidindo co primeiro centenario do
falecemento do investigador, autor da primeira caracterización
exhaustiva da flora galega, á que se suman os primeiros traballos de
climatoloxía aplicada realizados en Galicia.
[Máis información na páxina da RAGC]
A seguir a pequena exposición documental sobre botánica realizada con fondos da biblioteca:
[Máis información na páxina da RAGC]
A seguir a pequena exposición documental sobre botánica realizada con fondos da biblioteca:
30 setembro, 2017
L. N. Tolstoi: Notas dun tolo
Notas dun tolo
por Liev Nikoláievich Tolstoi
(Tradución de Perfecto Andrade Grande)
Hoxe celebramos o Día internacional da tradución publicando un texto inédito en galego, grazas -unha vez máis- aos bos oficios e á xenerosidade do noso compañeiro Perfecto Andrade. Neste caso é un relato de Tolstoi, de carácter autobiográfico.
Arzamás. Fonte. |
1883. 20 de
Outubro. Hoxe conducíronme a declarar ao goberno provincial, e as
opinións dividíanse. Discutiron e decidiron que non estou tolo.
Pero decidírono así só porque eu me contiven con todas as miñas
forzas durante o tempo da declaración para non manifestarme. Non me
manifestei porque lle teño medo ao manicomio; teño medo de que alí
me impidan ocuparme da
miña teima. Declaráronme suxeito a arrebatos, e algunha
cousa máis así, pero de mente sa; declaráronme, pero eu ben sei
que estou tolo. O doutor receitoume un tratamento, asegurándome que
se sigo estritamente as súas prescricións, iso pasará. Todo o que
me inquieta pasará. Ai! O que eu daría por que pasase! É demasiado
atroz. Contarei por orde como e
de que se me fixo exame, como perdín a
razón e como descubrín a miña tolemia. Ata os trinta e cinco anos
vivín coma todos e non tiña nada notorio. Só
algo na primeira infancia: ata os dez anos, tiña
comigo algo semellante ao do meu estado actual, pero limitábase a
ataques, e non, como agora, que é un estado permanente. Na nenez
apoderábase de min dun xeito algo diferente.
Velaquí como era:
Lembro que unha
vez me deitei a durmir, tiña cinco ou seis anos. Aia Evpraskia
-alta, enxoita, de vestido marrón, cunha touca na cabeza e coa pel
da papada colgándolle- espiume e meteume en cama.
- Eu só, eu só –botei a falar, e saltei a varanda.
- Veña, déitese, déitese, Fiédenka. Mire Mitia, que ben mandado é. Xa se deitou –dixo ela, sinalando a meu irmán coa cabeza.
- Eu saltei á cama, sen soltala da man. Despois deixeina, axitei as pernas baixo a manta e arroupeime. E así estaba ben. Calei e pensei: “Eu quero á aia, a aia quéreme a min e a Mítenka, e eu quero a Mítenka, e Mítenka quéreme a min e á aia. E a aia quere a Tarás, e eu quero a Tarás, e Mítenka quéreo. E Tarás quéreme a min e á aia. E mamá quéreme a min e á aia, e a aia quere a mamá, e a min, e a papá, e todos se queren, e é ben para todos”. E de súpeto oio entrar a ama de chaves correndo e berra con forza algo da azucreira, e a aia dille con forza que ela non a colleu. E a min dóeme, e teño medo, e non entendo, e o terror, un terror frío apodérase de min, e eu agóchome coa cabeza baixo a manta. Pero mesmo na escuridade da manta non me alivio. Lembro como unha vez lle bateron a un rapaz diante de min, como berraba, e a faciana terrible de Foka cando lle batía.
- E non o farás, non o farás, –ordenáballe e seguíalle batendo. O rapaz dicía: “Non o farei”. E o outro ordenáballe “non o farás” e seguía batendo nel. E entón iso apoderouse de min. Empecei a saloucar e saloucar. E durante moito tempo ninguén puido calmarme. Velaí que eses saloucos, esa desesperación, foron os primeiros ataques da miña actual tolemia. Lembro outra vez en que iso se apoderou de min. A tía falaba de Cristo. Falaba e quería irse, pero nós diciamos:
- Conta máis sobre Xesucristo.
- Non, agora non hai tempo.
- Non, conta –e Mítenka pedía que contase. E a tía empezaba de novo o que nos contara antes. Contaba que o crucificaran, que lle bateran, que o atormentaran, e el seguía rezando e non os xulgaba.
- Tía, por que o atormentaban?
- Era xente ruín.
- Pero el era bo.
- Xa está, xa son as nove. Oídes?
- Por que lle pegaban? El perdoou, pero por que lle pegaban? Doíalle? Tía, doíalle?
- Xa está, vou tomar o té.
- E pode ser que fose mentira, que non lle pegasen.
- Basta.
- Non, non te vaias.
E apoderouse
de min outra vez, saloucaba, saloucaba, despois empecei a dar
coa cabeza contra a parede.- Eu só, eu só –botei a falar, e saltei a varanda.
- Veña, déitese, déitese, Fiédenka. Mire Mitia, que ben mandado é. Xa se deitou –dixo ela, sinalando a meu irmán coa cabeza.
- Eu saltei á cama, sen soltala da man. Despois deixeina, axitei as pernas baixo a manta e arroupeime. E así estaba ben. Calei e pensei: “Eu quero á aia, a aia quéreme a min e a Mítenka, e eu quero a Mítenka, e Mítenka quéreme a min e á aia. E a aia quere a Tarás, e eu quero a Tarás, e Mítenka quéreo. E Tarás quéreme a min e á aia. E mamá quéreme a min e á aia, e a aia quere a mamá, e a min, e a papá, e todos se queren, e é ben para todos”. E de súpeto oio entrar a ama de chaves correndo e berra con forza algo da azucreira, e a aia dille con forza que ela non a colleu. E a min dóeme, e teño medo, e non entendo, e o terror, un terror frío apodérase de min, e eu agóchome coa cabeza baixo a manta. Pero mesmo na escuridade da manta non me alivio. Lembro como unha vez lle bateron a un rapaz diante de min, como berraba, e a faciana terrible de Foka cando lle batía.
- E non o farás, non o farás, –ordenáballe e seguíalle batendo. O rapaz dicía: “Non o farei”. E o outro ordenáballe “non o farás” e seguía batendo nel. E entón iso apoderouse de min. Empecei a saloucar e saloucar. E durante moito tempo ninguén puido calmarme. Velaí que eses saloucos, esa desesperación, foron os primeiros ataques da miña actual tolemia. Lembro outra vez en que iso se apoderou de min. A tía falaba de Cristo. Falaba e quería irse, pero nós diciamos:
- Conta máis sobre Xesucristo.
- Non, agora non hai tempo.
- Non, conta –e Mítenka pedía que contase. E a tía empezaba de novo o que nos contara antes. Contaba que o crucificaran, que lle bateran, que o atormentaran, e el seguía rezando e non os xulgaba.
- Tía, por que o atormentaban?
- Era xente ruín.
- Pero el era bo.
- Xa está, xa son as nove. Oídes?
- Por que lle pegaban? El perdoou, pero por que lle pegaban? Doíalle? Tía, doíalle?
- Xa está, vou tomar o té.
- E pode ser que fose mentira, que non lle pegasen.
- Basta.
- Non, non te vaias.
Así
se apoderaba iso de min na nenez. Pero desde os catorce anos, desde o
tempo en que acordou en min a paixón sexual e me entreguei ao vicio,
todo iso pasou, e fun un mozo, coma todos os mozos. Coma todos nós,
criados na excesiva comida graxa, melindroso,
sen traballo físico e con todas as tentacións posibles para a
inflamación da sensualidade, e no medio de nenos tan malcriados, os
mozos da miña idade ensináronme o vicio, e eu entregueime a el.
Despois ese vicio trocouse noutro. Comecei a coñecer mulleres e
así, procurando praceres e atopándoos, vivín ata os trinta e cinco
anos. Estaba completamente san, e non tiña ningún síntoma da miña
tolemia. Eses vinte anos da miña vida sa pasaron para min de tal
xeito que agora case non lembro
nada deles e se os evoco é con traballo e noxo.