Páxinas

11 maio, 2019

Encontro con Ben Faringa

Había moi poucas prazas e tivemos a sorte de que o CIQUS, Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC, nos ofrecese seis. Alí estivemos, o día 7, a profesora Ana Reboiro e cinco alumn@s, para asistirmos ao encontro co Profesor Ben Feringa, premio Nobel de Química de 2016

A charla, "A arte de construír en pequeno", dirixida a estudantes de secundaria de Galicia, estaba enmarcada  no Programa ConCiencia da USC. Nela falou da súa orixe, dos seus primeiros contactos coa ciencia, de como influíu nel un profesor cando era estudante, do seu campo de investigación e posibles aplicacións, e por suposto, do que supuxo para el o galardón recibido. Animou en todo momento os asistentes a perseguiren os seus soños.

Tras a súa intervención abriuse unha rolda de preguntas na que participaron varios estudantes, entre eles Rubén Fontán de 4º de ESO. Rematou o evento cunha sesión fotográfica e cun pequeno ágape.

Foi unha experiencia de seguro inesquecible para todos. 

Moitas grazas aos organizadores: Jorge Mira, Diego Peña e Jose Luis Mascareñas.


De esquerda a dereita: Laura López, Pablo García,
María Abeledo, Ben Feringa, Rubén Fontán e Marta Ceán.

O Profesor Feringa ao inicio da conferencia.
Imaxe de www.usc.es/ciqus

Entrevista en La Voz de Galicia (08/05/2019)

Ningún comentario:

Publicar un comentario