Páxinas

09 maio, 2019

Letras galegas 2019

Celebramos as Letras Galegas cun acto público organizado polo IES Laxeiro e o IES Ramón Mª Aller Ulloa, patrocinado polo Concello de Lalín e coa colaboración da Asociación da Praza de Abastos.
A idea foi achegar o alumnado á vida da praza, logo da súa reforma. No acto léronse textos de Antón Fraguas, o homenaxeado co Día das Letras Galegas, ademais fíxoselle entrega dunha placa á empresa Marcaxe pola súa contribución ao fomento da lingua galega. O acto rematou cun concetto de música do país.
O cartel do evento, coa efixie de Antón Fraguas, é obra do noso compañeiro Sebas Anxo, en colaboración co alumnado de Artes.


A seguir unha pequena reportaxe gráfica do acto:







Ningún comentario:

Publicar un comentario