Xa temos as imaxes do concerto que as poetas Lucía Aldao e María Lado ofreceron ao noso alumnado. E como consecuencia da lectura da súa obra, LAURA VÁZQUEZ, de 3º ESO, tamén se animou a escribir. Aquí vos deixamos as imaxes do concerto e o texto de Laura.
Tratando de
encaixar todas esas pezas, que ti cubrías nun quebracabezas, mentres me
quitaban a vendaxe que suxeitabas con delicadeza, fun caendo nunha profunda
tristeza.
Cada vez
que me dirixía ao penedo sen paracaídas, ti mirábasme con ese sorriso frío que
cubría ese baleiro que te posuía por dentro.
Caricias,
bicos, apertas, pero nunca palabras que me axudasen a saír desa escuridade que
me consumía, aqueles paseos nos que sempre acababamos no mesmo sitio, actos que
nunca vin, que rexeitaban a alegría que me consumía, sen darme conta do dano
que me facías, aquelas bágoas que nunca vin e que crin; caín e a túa man
desapareceu.
Estaba
perdida, ignorei os meus guías, perdinme. Ao mesmo tempo que corría os
quilómetros en balde que me causaban unha fonda pena, non me atopaba; berraba,
non sabía onde estaba, buscándome naquel lugar ardendo, moitas mans axudándome que eu ignoraba.
Cambiáchesme,
só me perdín nesa sombra na que percibía un cariño inexistente, coma o fume dun
cigarro que non se acende.
Os meus
pensamentos non se entendían cos meus sentimentos cos que te divertías. A venda
dos ollos que me recibiu foi desaparecendo aos poucos, como a túa tentativa de
vítima que fixeches cando marchei.
Delicadamente
marchei con certeza pola viveza que vai ser engulida por ese tempo perdido.
Laura Vázquez
me gusto mucho
ResponderEliminargustoume moito!!!
ResponderEliminar