Este xoves 30, entre os grupos que actuaban no Son do Camiño estaban os Green Day: Billie Joe Armstrong, Mike Dirnt e Tré Cool. A música desta banda estivo presente nas aulas do Programa Cuale da EOI de Lalín da man da profesora MÓNICA FONDEVILA. E dela foi a idea de gravar un vídeo harmonizando o punk rock e a muiñeira de Chantada, co alumnado pregando por unhas entradas para gozar en directo da música que acompañara as súas clases de inglés ao longo de curso.
E dito e feito! Invitacións de Green Day para ao concerto do xoves. Aquí vos deixamos unha imaxe dalgúns dos alumnos á súa chegada ao Monte do Gozo e a ligazón ao vídeo que lles fixo gañar esas entradas.
Máis información na prensa local:
Ningún comentario:
Publicar un comentario