Para poñerlle o ramo ás actividades do mes de maio, e arredor do proxecto "Lalín, o concello das mil vacas", invitámosvos a pasar polo vestíbulo do IES e botarlle un vistazo á selección de libros feita polo noso alumnado do club de lectura Tarabelos I. Nela atoparedes libros para nenos e para non tan nenos; literatura; ensaio; obras sobre animais de granxa e sobre animais en liberdade; estudos sobre a idiosincrasia das xentes que viven do campo ou amenas lecturas para pasar unha tarde.
Exposición no vestíbulo do IES Ramón Mª Aller Ulloa desde o luns 27 de maio ata o mércores 12 de xuño.
E se queredes ler as recomendacións non tedes máis que ir ás nosas MARELAS, as guías da Biblioteca Mario Pereira, e buscar a de gandaría. Ligazón á guía "Lalín, o concello das mil vacas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario