Hai ben tempo que non damos conta do Anirmau (nin doutra cousa). Ben, ao final foron 237 curtas de todo o mundo. Case ninguén imaxinaba ese número, nin case ninguén calculaba todo o traballo que supón a organización de tal evento. O certo é que, conforme a cousa vai collendo forma, todo parece máis realizábel e os nervios polos fallos que se han producir comezan a provocar molestas cóxegas no estómago.
Seleccionados arredor de oitenta filmes, todo está “a punto de”: os subtítulos están a puntos de rematarse, os xurados (os profesionais e o alumnado dos institutos colaboradores) están a punto de recibir as súas copias, o catálogo está a punto de saír, a Seve está a punto de darlle un ataque de algo...
E mentres todo está así podedes ir consultado a selección de curtas que competirán polos premios na páxina do festival:
Curtas temáticas:
Multimedia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario