30 outubro, 2021

Severiano Casalderrey e o NFB of Canadá

Xa no seu momento na Marela demos conta da publicación do volume nº 1 dos Cadernos FICBUEU titulado A "Nouvelle vague" a través das súas curtametraxes (1956-65) do noso compañeiro Severiano Casalderrey, e que agora vén de presentar no Museo Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín o volume 2º dos cadernos co título O National Film Board of Canadá e a súa “Idade dourada” da curtametraxe (1963-83).

Severiano co libro editado no incomparábel marco da Biblioteca Mario Pereira do IES Aller Ulloa. Foto: Miguel Souto (La Voz de Galicia)
 
Na presentación Seve, dun xeito ameno, esmiuzou os diferentes capítulos do libro, rematando coa proxección da curta Pas de deux de Normand McLaren. 
A seguir unhas instantáneas do acto, do noso reporteiro Carlos Míguez:
 



Interesante a entrevista concedida por Seve hai uns días a La Voz de Galicia.

Parabéns, Seve.







24 outubro, 2021

Gonzalo Navaza, académico

O pleno da RAG vén de elixir académico a Gonzalo Navaza, lalinense egrexio e amigo que sempre que o chamamos acode altruísta onda nós. E que mellor agasallo que este recoñecemento a Gonzalo para celebrarmos o Día das Bibliotecas.

Lembramos a súa última presenza entre nós, así como a Marela dedicada a Erros e tánatos e a exposición Unha viaxe por Lalín a través do tempo, vinculada ao relato O home do saco
Parabéns, académico Gonzalo, moitos parabéns.

A nosa pequena homenaxe desde a Biblioteca: 



22 outubro, 2021

Día Mundial da Animación 2021

Un ano máis lembramos que o 28 de outubro se celebra o Día Mundial da Animación e para tal efeméride pedímoslle, coma de costume, a Seve que nos seleccionase unhas curtas. Agasallounos coas catorce propostas seguintes:


 

Only a Child (2020) de Simone Giampaolo(Suíza). Debuxo sobre papel, 2D CGI, stop-motion, animación con area, plastilina, outras; 6 min. Trailer en Youtube

 





Beyond Noh (2020) de Patrick Smith (USA). Animación, obxectos animados; 4 min. Trailer en Youtube

 

 

 



Opera  (2020), Erick Oh. (Corea do Sur-USA). Animación, 2D CGI; 9 min. Trailer en Youtube

 

 

 

 



Un coeur d'or [Heart of Gold] (2020), de  Simon Filliot (Francia). Animación, monicreques (stop-motion); 13 min. Trailer en Youtube

 

 
 

 

  





 Benztown  (2020), de Gottfried Mentor (Alemaña). Animación, 3D CGI, efectos visuais, acción real; 5 min. Trailer en Youtube

 

  

 



De Last Matador (2021), de Katariina Lillqvist (Finlandia-España). Animación, bonecos (stop-motion), 8 min. Ver en Youtube

 

 

Pilar  (2020), de Yngwie Boley, J.J. Epping e Diana van Houten (Países Baixos-Bélxica). Animación, pintura animada; 10 min. Trailer en Youtube

 

 

 


Elo (Lié) (2020), de Alexandra Ramires(Portugal). Animación, debuxo sobre papel, 2D CGI; 11 min. Trailer en Youtube

 


 





Tío (2021), de Juan José Medina (México). Animación, bonecos (stop-motion); 13 min. Trailer en Youtube

 

 

 

 



To: Gerard (2020), de Taylor Meacham (USA). Animación 3D CGI; 8 min. Trailer en Youtube

 

 

 

 




O (2021), de Paul Wenninger (Austria). Animación experimental, pixelación; 5 min.

 

 

 

 

 

 

 

Yo (2020), de Begoña Aróstegi (España). Animación, 2D CGI, 13 min. Trailer en Youtube

 

 




People in Motion (2021), de Christoph Lauenstein (Alemaña). Animación, monicreques (stop-motion); 8 min. Trailer en sitgesfilmfestival. com

 

 

 



 Mondo domino (2021), de Suki (Francia). Animación, 2D CGI; 6 min. Trailer en Youtube