A profesora Carmen Pérez ofreceunos unha charla informativa sobre un dos materiais máis novos e, á súa vez, con máis importancia na actualidade: o plástico.
Este
material está formado en reaccións de polimerización (proceso químico no
que moléculas pequenas pasan a formar moléculas máis grandes, chamadas
polímeros) levadas a cabo en plantas petroquímicas. O plástico, hoxe en
día, podémolo atopar en tódolos ámbitos xa que as súas características se poden adaptar á función que nós queiramos, dende carrocerías de
automóbiles que serven para reducir impactos, ata todo tipo de obxectos
como moita da roupa que empregamos. Os plásticos teñen a vantaxe de ser
sinxelos de fabricar, moi baratos e lixeiros en comparación con outros
tipos de materiais, de aí a súa grande importancia.
A
pesar de todos os seus puntos fortes, tamén conta con alguns puntos
febles. Un dos principais e a reciclaxe, xa que unicamente se poden
reutilizar poucos tipos de plásticos (Polietileno, polipropileno ou
poliestireno entre eles) e depende en gran parte da colaboración do
propio consumidor e o seu correcto emprego dos colectores do lixo. Outra
das súas materias pendentes son as substancias contaminantes que se
verten á atmosfera no seu proceso de fabricación nas plantas
petroquímicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario