Ao fío do
Encontro-Homenaxe con Mario xorde esta Marela
tan especial para nós.
Corría o ano
2006, cando Mario propuxo dotar de voz a Biblioteca, nace así o
boletín A Marela Tarabela, e
nace coa emotiva carta É o cuarto dos ratos?, que Mario lle escribiu á Biblioteca.
Case catro anos despois da primeira
Marela Tarabela, en decembro de 2006, e baixo o título Todas as Marelas, Mario deitaba no blog a seguinte
reflexión: A
Marela obedecía ao proxecto de transformación dunha biblioteca pasiva a unha
biblioteca activa. Nese sentido, cumpriu, para nós, un papel moi importante:
serviu para facer visible a Biblioteca ante a comunidade docente e tamén para
que nós, o Equipo de Apoio, puideramos ver o noso traballo. Foron catro anos
densos, moi densos, a por de información, formación e ferramentas que fomos
descubrindo. Catro anos, catro séculos! Con todo, a Marela segue aí...
E agora
comprácenos presentar o Extra nº 1, Marela para Mario, que serve de
pequena homenaxe a quen foi o artífice da mesma como complemento perfecto á
tarefa de Fozabibliotecas, como gusta de
chamarse Mario a si mesmo.
E neste momento
de sentimentos encontrados, co gallo da súa xubilación, temos que sentirnos
orgullos de seguir medrando ao abeiro de Mario, para manter vivo o seu reclamo:
Ven
vindo...
Podededes descargala premendo na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario