Hoxe foi un día moi especial. O instituto recibiu co gallo do Día Internacional da Muller un grupo de 13 mulleres con coraxe coa idea de fomentar a educación en igualdade de cara á eliminación das diferenzas de xénero.
Unha instantánea das 13 mulleres |
A actividade, 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, resultou todo un éxito. Moita foi a expectación e moitas as ganas do alumnado por coñecer a historia destas trece mulleres. As profesoras caracterizadas de Rosie, a Remachadora, Elisa e Marcela, Simone de Beauvoir, Rosalind Franklin, María Blasco, Chimamanda N. Adichie, Cigarreira da Coruña, Teodora I, As dúas Marías, Maruxa Mallo e Marjane Satrapi foron de aula en aula transmitíndolle ao alumnado que o feito de ser muller require de moita coraxe.
Moitas grazas a todas e moitos parabéns pola iniciativa, e que siga.
En breve achegaremos unha completa reportaxe da actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario