18 outubro, 2022

18-O Día das escritoras

 Como cada 18 de outubro, hoxe celebraremos o DÍA DAS ESCRITORAS, "para compensar a discriminación das mulleres na literatura" onde tradicionalmente exercían máis de musas que de escritoras.

"É importante reivindicar este día porque constantemente as mulleres do mundo da literatura, da cultura e da historia son esquecidas. E hoxe segue pasando. Son ignoradas nas listas dos mellores libros do ano, os programas culturais ou os estudos. Temos que loitar para que esas escritoras teñan o lugar que merecen. Hai que restablecer a verdade histórica", contábanos a escritora Laura Freixas no ano 2016, nunha entrevista para o diario El Mundo.

E precisamente para reivindicalas, desde a páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia ofrécennos unha coidada selección de textos cos que traballar nas aulas. Nós, coa axuda dos nosos voluntarios  Aarón, Andrés, Breixo e Xoel montamos unha pequena exposición na entrada do Instituto, achegando, como tanto nos gusta, os libros a todo aquel que nos visita.







Ningún comentario: