Ao fío do XIX Festival de Bandas de Música de Bandeira, este 28 de setembro, dámoslle a benvida á sección Coa nosa xente a Sergio Rodríguez Pena, oboísta, compositor e integrante da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, quen o pasado 6 de xuño debutou como solista de óboe acompañado da Real Filharmonía de Galicia. Verbo deste evento manifestou: “Nunca imaxinei poder poñerme de fronte á Real Filharmonía de Galicia e moito menos facelo cunha obra miña tan especial, dedicada á memoria de meu pai".
Sergio coa Filharmonía de Galicia / Xoán Álvarez. Faro de Vigo
A salientar pola súa
popularidade, a Muiñeira da Empanada
da que Sergio foi compositor. En palabras dos Amigos da Empanada, todo un orgullo para nós contar
cunha obra tan espectacular.
Máis sobre Sergio na súa canle de Youtube ou no Facebook
Moitos parabéns, Sergio, polo teu labor profesional como compositor e músico.
A seguir o noso Sergio cando o 2º do Bacharelato:
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario