A partir do luns, 21, na Biblioteca pódese ver a Exposición de murais "Escritoras na Literatura Universal" realizados polo alumnado de Literatura Universal de 1º do Bacharelato, coa coordinación da profesora Adriana Iglesias, organizadora da actividade.
 |
Posando diante do panel cos murais
|

Ao fío da exposición, Adriana achéganos a seguinte reflexión:
Nas últimas
semanas, o alumnado de Literatura Universal de 1º do Bacharelato realizou unha
pequena investigación sobre escritoras, comprobando que o número das estudadas
na materia só chega a catro. E xa que igualar o número entre escritores e
escritoras preséntase como unha tarefa altamente complexa, tentamos darlles oco
a algunhas. O resultado son diversos carteis que recollen figuras femininas de
épocas diferentes: dende tempos pasados da man de Charlotte Brönte ata a
actualidade con Margaret Atwood.
Trátase
dunha ínfima representación do moito que queda por descubrir. Oxalá o ano que
vén ampliemos repertorio, tanto dentro como fóra da aula. Sigamos
visibilizando!