11 febreiro, 2018

Cine para o 11F : Figuras ocultas

Entre as recomendacións fílmicas que fixemos para este 11F, inclúese Figuras ocultas, baseada na novela de Margot Lee Shetterly, que está nos paquetes de varias plataformas televisivas (tamén na biblioteca).

A película de Theodore Melfi, sitúase nos EUA dos anos 60 e céntrase en tres figuras que comparten un triplo estigma: son mulleres, son negras e son científicas.

O seu encontro prodúcese na NASA (propiamente, na NACA), no momento en que se desenvolve o programa que levará a John Glenn a orbitar arredor da terra.

O filme dános interesantes pinceladas sobre a sítuación política, social e científico-técnica da época, pero -sobre todo- atráenos cara as figuras de Katherine Johnson, Dorothy Vaughan y Mary Jackson.


Paga a pana que vos documentedes algo máis sobre elas.

Katherine Johnson

"Esta es la historia de una niña afroamericana que lo contaba todo; los pasos que necesitaba para cruzar la calle, los pasos que había hasta la iglesia, el número de platos que limpiaba, las estrellas que veía… todo lo que podía ser contado..."  [le máis en mujeres con ciencia.com]

Dorothy Vaughan

"En 1949 se hizo cargo de la dirección de la West Area Computers, un equipo de trabajo compuesto exclusivamente por mujeres afroamericanas con formación matemática..." [le máis en mujeres con ciencia.com]

Mary Jackson

"Autora o coautora de doce artículos técnicos para la NACA y NASA, ayudó a mujeres y otras minorías a ascender en sus carreras, asesorándolas sobre la manera de mejorar sus oportunidades de promoción..."  [le máis en mujeres con ciencia.com]


10 febreiro, 2018

II Concurso de Carautas Entroido-2018

Por votación popular, as gañadoras do II Concurso de Carautas foron:
Noelia González Jacobo de 4º ESO B, co 40% dos votos.
Suevia García García de 3º ESO B, co 32% dos votos.
Karla Sofía Balcázar González de 1º ESO A, co 18% dos votos. Premio de honra á carauta máis votada entre o alumnado de 1º de ESO.
Os nosos parabéns para as gañadoras e para todo o alumnado participante.
A seguir unha pequena mostra gráfica das gañadoras e das carautas preseleccionadas, onde se pode observar o moito valemento artístico das mesmas.







06 febreiro, 2018

Encontro co regueifeiro Josiño da Teixeira

Actividade organizada pola Asociación ORAL a través do Concello de Lalín a fin de ir introducindo no mundo da regueifa o alumnado participante (neste caso de 3º de ESO), falándolle da súa historia, da súa importancia como patrimonio cultural intanxible galego, da transmisión oral... e regueifando.
É de interese a web regueifa.org, a páxina da Asociación ORAL.

01 febreiro, 2018

Encontro con Isabel Riveiro e María Saínza.

No marco das actividades do Día internacional da muller e a nena na ciencia, teremos un encontro con Isabel Riveiro e María Saínza, biólogas do Centro oceanográfico de Vigo. 

Será o mércores, 7 de febreiro, ás 11.30, na biblioteca.