Onte, mércores, Ana Novo Cuñarro e Andrea Segade Rozas recibiron os primeiros premios de narrativa e poesía, respectivamente, do IX Concurso literario Mª Vitoria Taboada. Fíxolles entrega dos galardóns Alba Loureiro, profesora de Lingua e Literatura galega do noso IES.
A entrega de premios estivo, unha vez máis, condicionada pola pandemia. Agardamos o próximo curso poder celebrar o acto co cerimonial que se merece.
PARABÉNS para as nosas escritoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario