07 novembro, 2021

Coa nosa xente: Antía Crespo e Carlos Rodríguez

Moitos son os parabéns Coa nosa xente que neste caso dá conta do progreso profesional de Carlos Rodríguez Nogueira e Antía Crespo Golmar.

"Tu cuerpo es tu compañero de vida, por eso, cúidalo, escúchalo y atiéndelo", sentenza Carlos R. Nogueira na súa páxina web cnogueira.com. E é que Carlos, tal e como nos informa DZ Dixital, é o lalinense que vai chegar con Xavi Hernández, como fisioterapeuta, ao FC Barcelona.


O noso Carlos Rodríguez Nogueira, a foto é do Caderno do profesorado, 2º Bacharelato, curso 2006-07

"Descubrimos que un antidepresivo serve para tratar a artrose e a gota", afirma Antía Crespo Golmar nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia. Antía é investigadora pertencente ao Grupo de Patoloxía Musculoesquelética vinculado ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

A nosa Antía Crespo Golmar, a foto é do Caderno do profesorado, 2º de Bacharelato, curso 2007-08

Literiatura [171] : Dan Page

Vento

de Dan Page en Resistart.

03 novembro, 2021

XII día da Ciencia en Galego

Unha vez máis conmemoramos o Día da Ciencia en Galego, e con el novembro pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego, co obxectivo de normalizar o uso do galego no ámbito da divulgación científica.

E ao fío de tal conmemoración, o Instituto Galega de Ciencia (Igaciencia) propón dedicarlle dito Mes da Ciencia a Alan Turing, e á galega, Tarsy Carballas.

Alan Turing

A elección da edafóloga e científica galega María Tarsy Carballas veu motivada por ser unha pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España.

María Tarsy Carballas

A seguir engadimos un enlace para que poidas ler o Manifesto que Ángel Carracedo, catedrático e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago e da Fundación Galega de Medicina Xenómica e vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal elaborou co gallo do Mes da Ciencia en Galego.

Ademais, e aproveitando tal evento non está demais lembrar que o pasado 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Jimena Fernández de la Vega, natural de Vegadeo (Asturias), xenetista e profesora moi recoñecida do século XX. Jimena, xunto coa súa irmá xemelga Elisa, foron as primeiras mulleres licenciadas en Medicina pola USC, representando un referente excepcional do que foi a incorporación da muller, por fin, aos estudos universitarios. [Máis na páxina da RAGC]

 

Jimena Fernández de la Vega

 

 

30 outubro, 2021

Severiano Casalderrey e o NFB of Canadá

Xa no seu momento na Marela demos conta da publicación do volume nº 1 dos Cadernos FICBUEU titulado A "Nouvelle vague" a través das súas curtametraxes (1956-65) do noso compañeiro Severiano Casalderrey, e que agora vén de presentar no Museo Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín o volume 2º dos cadernos co título O National Film Board of Canadá e a súa “Idade dourada” da curtametraxe (1963-83).

Severiano co libro editado no incomparábel marco da Biblioteca Mario Pereira do IES Aller Ulloa. Foto: Miguel Souto (La Voz de Galicia)
 
Na presentación Seve, dun xeito ameno, esmiuzou os diferentes capítulos do libro, rematando coa proxección da curta Pas de deux de Normand McLaren. 
A seguir unhas instantáneas do acto, do noso reporteiro Carlos Míguez:
 



Interesante a entrevista concedida por Seve hai uns días a La Voz de Galicia.

Parabéns, Seve.