
Este ano, chegamos a terceira edición da actividade a “Historia coas túas mans” e tocoulle á Grecia clásica. Deste golpe, a novidade foi a elaboración dunha presentación dixital; nela a voz d@s de Primeiro vai expoñendo a quen nos visite os elementos esenciais da cultura grega.
Por outra banda, con cada edición, @s que enredamos cos documentos da Biblioteca imos aprendendo. O alumnado ten que buscar o material videoblibliográfico e seleccionar aquel que acompañará a exposición. O habitual é que cacheen a biblioteca de arriba a abaixo e repañen con todo. A partir de aí témonos atopado cos máis diversos criterios de selección, pero é a primeira vez que nos propoñen este: canto menos debuxos máis importante é o libro, polo tanto xa sabedes, meus indocumentados documentalistas, “libros de todo letra” eses son os que “molan”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario