16 outubro, 2009

Encontro con Séchu Sende: 19 de novembro, xoves, ás 8 da tarde


Quedounos pendente do ano pasado.

No club de lectura LeAcasa, lemos Made in Galiza. Como non fomos os únicos que tivemos a idea, o bo de Séchu non daba feito e non puido xuntarse connosco o curso anterior. Emprazámolo para o inicio deste e aquí o temos.

Se vos apetece botarlle unha visual á guía de (suxestións de) lectura que preparou a Marela, aquí a tedes.

Tamén podedes descargar algunha anterior (Casas Baratas, de Riveiro Coelho).

Tamén podedes descargar o libro dEfecto 2000: Antoloxía de poetas dos 90, o libro representativo da xeración poética á que pertence (?) Séchu.

Ningún comentario: