30 maio, 2012

A Marela BD

Pouco e pouco, a Banda Deseñada vai gañando terreo nos nosos itinerarios lectores, nas recomendacións do profesorado, nos intercambios de opinións do alumnado, nos préstamos para a casa..., e -en definitiva- na nosa actividade bibliotecaria.

Preme na imaxe para velo en mosaico
Así é que nos decidimos a ensaiar un blogue (Marela B.D) dedicado en exclusiva aos cadriños. Comezamos con algunhas das penúltimas adquisicións e, conforme nos vaiamos facendo unha idea máis precisa de como queremos estruturar a información, iremos engadindo títulos e referencias.

Podédelo ir vendo e enviándonos as vosas suxestións.

Ningún comentario: