22 outubro, 2013

R. 20.000


Hai algo máis de cen rexistros, anotamos o rexistro 20.000 do noso catálogo.
 - Ostra, tedes vinte mil documentos!?
- Non. Moitos están dados de baixa e outros fóronse perdendo polo camiño...
- Así e todo son ben deles..., e tédelos todos á vista?
- Non exactamente. No almacén, nos departamentos, en estancias diversas, hai moitos exemplares...  Nas librarías da sala da biblioteca non collerían todos. Ademais, nunha destas, imos propoñer unha campaña mil libros menos. Todo ese material que se acumula nos andeis e non se move acaba por ocultar e obstaculizar. Selección, selección e adecuación!
- Vaia, pode ser. E mira unha cousa: ese número tan redondo reservariádelo para algo especial?
- De certo que si. O número vinte mil foi para unha publicación moi singular e dun autor moi significativo para nós.
- Un autor que vén sendo...
- Quérelo saber todo!
- Di que non.
- Que non, que?
- Que non o vas dicir.
- Gardareino para outro día.
- Dáme algunha pista.
- Algunha? Vale: tres e unha de regalo.
  • O autor é moi amiguísimo da nosa biblioteca.
  • O libro está autoeditado polo autor.
  • O libro ten un formato moi espacial: unha lámina a dobre cara de 40 x 28 cm.
  • En 40 x 28, collen dúas fotos e sete poemas, sete poemas para reconciliarse co mundo...
- Creo que xa sei cal é.

Primeira edición da CDU abreviada en España, nº 443 do noso rexistro vello.

Ningún comentario: