27 marzo, 2014
24 marzo, 2014
Os mosteiros galegos sen saír da casa
Desde logo, o mellor é visitalos. De non poder ou de querer preparar a visita, o recurso que nos ofrece Turgalicia é excepcional: as visitas virtuais a mosteiros galegos é unha marabilla. Non están todos, pero si todos estes:
![]() |
Imaxe de San Pedro de Rochas |
- San Martiño de Xubia
- Santa Clara de Ribadeo
- San Xoán de Caaveiro
- Santa María de Sobrado
- A Magdalena
- San Xulián de Samos
- San Estevo de Ribas de Miño
- Santa Cristina de Ribas de Sil
- San Vicente do Pino
- Clarisas
- Nosa Señora da Antiga
- Ferreira de Pantón
- Santo Estevo de Ribas de Sil
- Santa María Xunqueira de Espadanedo
- San Pedro de Rochas
- Santa María de Montederramo
- Santa Clara de Allariz
- San Salvador de Celanova
- Santa María de Melón
- San Clodio de Leiro
- Santa María de Oseira
- San Diego de Canedo
- Santa María de Aciveiro
- Santa María de Oia
- Vilavella
- San Xoán de Poio
- Santa María de Armenteira
- San Domingos de Bonaval
- San Francisco
- San Martiño Pinario
- San Paio de Antealtares
- Santa María de Belvis
- As Orfas
21 marzo, 2014
Nós cantar cantamos (35 e 36)
Eu cantar, cantar, cantei,
A grasia non era moita.
¡Mais que faser, desdichada,
Si non nacín máis grasiosa!
![]() |
Ilustración de Daniel Cuñarro |
Nós cantar cantamos (33 e 34)
Non me espriquei cal quixera
Pois son de espricansa pouca;
Si grasia en cantar non teño
O amor da pátria m'afoga.
![]() |
Ilustración de Fátima Fernández |
20 marzo, 2014
19 marzo, 2014
18 marzo, 2014
Nós cantar cantamos (25 e 26)
Cantart'ei, Galicia,
Teus dulces cantares
![]() |
Ilustración de Jennifer da Silva |
![]() |
Ilustración de Fátima Fernández |
17 marzo, 2014
13 marzo, 2014
Unha recomendación: 12 libros de poesía


Pero isto é unha recomendación literaria.

O
máis posmoderno é
o de María do Cebreiro, que arremete cos
seu coloquialismos e misturas
discursivas contra a linguaxe tradicionalmente (ata xa hai tempo) poética.
E polas
frondosidades do seu hermetismo,
percíbensen as vinculacións entre feminismo, linguaxe e metaliteratura, nunha explosión de palabras que reflicten a confusión da "súa
imaxinación coa súa memoria."
Afondando
no tema da muller, Ana
Romaní
elabora un discurso directo e desatado que fala dunha poesía que
parece crer no seu poder de conmoción social: "Illadas
agora ou convictas / aquí
estamos amigas de novo reunidas
/ como un campo de exiliadas / dispostas ao clamor."

O libro de Oriana
Méndez, pola súa banda, é un exemplo case paradigmático de poesía
comprometida:
centrada na historia, na política, e feita
a base dunha narratividade
empapada
de
referencias culturalistas. O seu ton utopista conleva, como no caso de Romaní, o desexo dunha experiencia máis comunal da vivencia:
"É a convicción de sermos o múltiple."
Hai entre estes libros, tamén, unha poesía de ton máis existencial, na súa maioría
dunha dureza diamantina na percepción da vida.

Pero
máis alá deste caso, as visións poéticas que atopamos nestes libros son desoladoramente feras coa vida.

Os
poemas de
Emma
Pedreira constitúen, no seu caso,
unha
meditación (con máis de un momento poético excepcional; v.gr. "Hai unha primeira hora na mañá da amencida....")
sobre os finais; e
non só sobre os que nos entrega a morte, senón sobre todas as devastación inherentes ó paso da vida: "Vou
adiantarme á dor e verte pasar como algo desexado / desexando ser
algo do primeiro que se esquece.
/ Ser así como o primeiro día despois de nacer / o máis importante
e o primeiro paso caído."

Kruckenberg consegue unha expresión sutil e moderada para un contido
absolutamente apaixonado: "sinto que non aproveitei a vida / ata
os límites posíbeis do corazón." O seu libro é unha sorte de axuste de
contas con unha mesma, mirando cara atrás, e coa vida. Son versos
cortantes, breves, onde o desencanto pola existencia só pode atopar un
certo contrapeso no "encanto da natureza. / A única verdade." Esta presenza consoladora da natureza é un motivo recurrente en varios destes libros.


Para rematar, a xa citada presenza da natureza interiorízase simbólicamente nos poemas de Mariña
Pérez Rei, unha
reivindicación un tanto dispersa do fondo natural que todos temos e
das posibilidades que agocha: "Son
palabras coma cabazos: / transportan a soidade en espigas rubias / de
pracer."
Xiana
Arias Rego, Acusación, Galaxia,
2009.
Palmira G. Boullosa, Asoladamente,
o teu nome, Ediciós do Castro,
1993.
Mª do Carme
Kruckenberg, O enigma do segredo, Barbantesa, 2011.
Yolanda López
López, Moralla, Follas Novas, 2013.
Oriana Méndez,
Derradeiras conversas co capitán Kraft, Galaxia, 2007.
Pilar Pallarés,
Livro das devoracións, Espiral Maior, 1996.
Emma
Pedreira, Antítese da ruína, PEN
Clube de Galicia, 2011.
Mariña Pérez
Rei, Fanerógama, Sotelo Blanco, 2006.
Ana Romaní,
Estremas, Galaxia, 2010.
María N.
Soutelo Vázquez, Código poético, Sotelo Blanco, 2008.
C.M.
C.M.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)