19 outubro, 2017

Teatro e música para Marie Curie.

O mércores 11 de outubro estreamos no salón de actos a obra-concerto Mulleres que fan historia: Marie Sklodowska Curie. Neste proxecto participaron arredor de 40 persoas e o resultado non puido ser máis satisfactorio. Desde aquí queremos dar os nosos parabéns a todos e a todas, especialmente aos actores principais Lorenzo e Rosa.

Asistiu o alumnado de 1º de bacharelato e tamén estudantes e profesores de Zielona Gora (Polonia) que participou no programa de intercambio lingúistico que o IES Aller Ulloa puxo en marcha o curso pasado e que continuará no vindeiro.

Aquí podedes ver alguna fotografía...




… aquí o programa do evento e unha sinopse da obra... 


… e aquí máis fotografías do recanto do Toc Toca Ciencia.






2 comentarios:

Anónimo dixo...

Ana, un proxecto precioso. Noraboa! O alumnado do Aller ten moita sorte de terte como profesora. Sigue traballando, compartindo o teu coñecemento e deleitándonos con el. Noraboa a todo o alumnado que participou, estou moi orgullosa do seu traballo, un motivo máis para seguir botándoos de menos. We really had a good time learning about Marie Curie!
Lupe
��

Almudena dixo...

Totalmente dacordo contigo Lupe! é un pracer poder disfrutar de algo cun resultado didáctico tan atractivo e no que se implicou tanto alumnado, grazas Ana polo tempo e polo gusto na creación desta obra.
A seguir medrando en ideas para dar os nosos alumnos lalinenses estes recunchos de cultura e ciencia...