O 11 de febreiro celebrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e malia as restricións derivadas da pandemia da COVID-19, sumámonos á conmemoración con diversas actividades coordinadas polo Departamento de Bioloxía:
1. Mesa redonda organizada polos centros singulares da USC: CiQUS, CIMUS, CiTIUS e IGFAE, coa participación de científicas de distintos ámbitos, que lles falarán ao alumnado do 1º do Bacharelato A de Ciencias das súas experiencias e dos seus traballos de investigación, así como das oportunidades de futuro. Coordina a profesora Natalia Fernández.
2. “As ciencias escríbense en feminino”, unha xornada divulgativa en liña para conmemorar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, organizada polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, destinada ao alumnado do STEMBach (1º e 2º). Coordina a profesora Raquel Honrubia.
A maiores, propoñemos a toda a comunidade escolar ver as películas:
Figuras ocultas, que narra a historia de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a principios dos anos sesenta no proxecto de poñer en órbita o astronauta John Glen, en plena carreira espacial, tendo como pano de fondo a loita polos dereitos civís dos negros estadounidenses.
Preme no cartel publicitario da película para ver o tráiler oficial da mesma:
Próxima, que narra a historia de Sarah, unha astronauta francesa que se adestra na Axencia Espacial Europea en Colonia, sendo a única muller dentro do esixente programa. Sarah vive soa coa súa filla de sete anos Stella, sentíndose culpábel por no poder pasar máis tempo coa rapaza. E cando Sarah é elixida para formar parte da tripulación dunha misión espacial de un ano de duración chamada Próxima, daquela prodúcese un afastamento na relación entre nai e filla.
Preme no cartel publicitario da película para ver o tráiler oficial da mesma:
Ningún comentario:
Publicar un comentario