Mario Pereira con Celso Fernández Sanmartín, Benxamín Otero e Raquel Vázquez Vaamonde, integrantes de FOCUCU que lle fixeron entrega do galardón. |
O Foro para Cultivos Culturais de Lalín sinala que o recoñecemento a Mario Pereira vén motivado por ser:
Un incansable mestre, ilusionado normalizador dos usos sociais da nosa lingua, bibliófilo contaxioso, impulsor acérrimo e mantedor constante de bibliotecas, difusor da literatura galega como ben universal, mellorador da convivencia e a memoria da nosa vila a través de tertulias e publicacións, mellorador da veciñanza, escritor íntimo sen bombo nin platillo, logrador de poetas, novelistas e artistas plásticas, labrador novo e convencido, promotor cultural, veciño querido e amigable, lector social, abridor de camiños, pensador en conversa, exemplo de compromiso, de vocación, de traballo ilusionado e incansable.
Desde a Biblioteca Mario Pereira, a Marela e con ela a comunidade do IES Aller Ulloa moitos parabéns Mario, co teu premio nós sentímonos tamén premiados.
Máis información en La Voz de Galicia ou en DZ Dixital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario