18 outubro, 2021

Coa nosa xente

Vén de ser estreada a webserie A paso de muiñeira que en palabras da súa directora Adela Otero amosa un “carácter multidisciplinar ao unir o audiovisual, o xornalístico e a faceta artística”.

A serie, producida por Edición Consultores de Lalín, percorre o Camiño de Inverno co pretexto de coñecer o folclore tradicional galego botando man de personaxes cos que se van atopando en cada un dos oito capítulos dos que consta a webserie e que poderemos ver na canle de Youtube do 17 ao 24 de outubro, ás 19 horas.

A seguir o 1º capítulo, Valdeorras-Quiroga:

Unha recomendación, a entrevista que Adela Otero concedeu no seu momento a Nós Diario.


Ningún comentario: