O xurado do IX Concurso Literario Mª Vitoria Taboada acordou por unanimidade outorgar os seguintes premios:
1º premio na categoría de poesía para ANDREA SEGADE ROZAS polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Concúbito”, “Afliçâo” e “Compaña de chorimas”; por describir a fisicidade absoluta coa que se vive o erotismo e os estados de ánimo máis extremos (desesperanza / esperanza) cunha precisa e rica expresión lingüística, amparada na natureza en moitos dos seus versos como fonte de metáforas.
1º premio na categoría de relato curto a ANA NOVO CUÑARRO polo relato "A Cuba do 36", unha perspicaz e
inusual recreación das imprevisíbeis consecuencias das políticas de odio,
vinganza e represión da ditadura franquista, orixe de comportamentos
indesexábeis nunha sociedade condicionada polo medo.
O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca do instituto, o 18 de maio, ás 12:00, nun breve acto, condicionado aínda pola pandemia.
A edición do libro cos textos premiados estará acompañada de ilustracións que realizará o alumnado do Bacharelato de Artes e que presentaremos no seu momento.
A seguir os textos premiados (o cartel da portada é obra de Iria Donsión Fernández):
Moitos parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario