Saleta Goi era inspiración para a lírica do seu amado Manuel María:
A terra
faise en tí,
Saleta, sotileza,
chama apaixonada
e transparente,
levidade de neve,
torrente e forza
de seiva poderosa,
música de vento
entre abelairas,
raio máxico de lua,
murmurio de regueiro,
flor de cerdeira
ou pinga de orballo
emocionada, tremando
sobor do pálido rubor
da rosa namorada.
Manuel María: Os lonxes do solpor (1993)
Nestes días, tras o seu pasamento, foi tamén musa para o escritor e estudoso da nosa literatura Emilio Xosé Ínsua
Agora que es xa ausencia
- porque a vida é tamén
chegares ao seu reverso -
dirémosche por sempre, Saleta,
como íntima homenaxe
á túa voz decote acolledora:
Galega imprescindíbel
do noso tempo.
Muller afouta.
Amor ao idioma.
Activa musa.
Os libros por bandeira.
Caricia na paisaxe.
O mellor verso do Manuel.
E choraremos a túa marcha
agradecendo a túa vida,
abenzoando o teu exemplo.
Vilagarcía de Arousa,
11 de setembro de 2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario