A Intelixencia Artificial leva a un lalinense ata Cambridge.
Así titula La Voz de Galicia a nova da escolla de Alejandro Santorum Varela para cursar o Máster de Intelixencia Artificial (AI) na prestixiosa universidade británica, logo de estudar o dobre grao de Matemáticas e Enxeñaría Informática.
Foto: Miguel Souto. La Voz de Galicia |
Alejandro, en declaracións a La Voz afirma: “Cando empecei a formularme a que me gustaría dedicarme, dei na conta de que o mundo da Intelixencia Artificial se beneficiaba moito do que eu estudaba e era un campo que estaba en desenvolvemento polo que decidín especializarme”.
Gratificante boa nova para collermos folgos ante o curso que comeza.
Moitos parabéns e moito ánimo Álex.
Alejandro no Bacharelato. Copyright IES Aller Ulloa |
Ningún comentario:
Publicar un comentario