Unha vez máis, congratulámonos do éxito do alumnado co que tivemos a fortuna de sermos parte da súa formación e que co tempo vai demostrando a súa valía persoal e profesional.
E hoxe a quenda é de Óscar ao que lle damos á benvida na sección Coa nosa xente, ao fío de lle ser outorgado pola Real Academia de Doctores de España o premio á mellor tese doutoral no eido das Ciencias da Vida e a Saúde, polo traballo de investigación Liquid Biopsies for Precision Medicine in Colorectal and Head and Neck Cancers: Saliva and Blood Biomarkers (Biopsias líquidas para medicina de precisión en cancro colorrectal e de cabeza e pescozo: biomarcadores de saliva).
Óscar amosando o Diploma acreditativo. |
Óscar, no centro da imaxe, o día da lectura da súa tese |
Óscar presentou no seu momento con éxito a tese ante o IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria), institución á que pertence. Na web do IDIS lemos sobre a tese a seguinte recensión:
El estudio se enmarca en la línea de trabajo que sigue el grupo de investigación de Oncología Médica Traslacional con el objetivo de identificar marcadores diagnósticos no invasivos a través del análisis de muestras de saliva. El investigador ha analizado tanto marcadores genéticos como epigenéticos en muestras de pacientes con cáncer colorrectal y de cabeza y cuello para identificar firmas con interés para el diagnóstico de ambos tumores.
No referente á dita tese de investigación, Óscar sinala: "Esta caracterización pon de manifesto o potencial valor do estudo da integridade do ADN como biomarcador de cancro oral".
Máis información no Facebook da Marela Tarabela
Parabéns a esgalla, Óscar.
A seguir, Óscar cando o 2º do Bacharelato:
Óscar no curso 2008-09. Copyright IES Aller Ulloa |
Ningún comentario:
Publicar un comentario