Despois dos seus triunfos no balonmán, chegou a hora do lanzamento de xavelina. O "noso" ROI SIERRA, que agora milita na Escola de Atletismo Deza, obtivo a medalla de prata no XIII Campionato de Galicia de lanzamentos longos.
O seu lanzamento, de 50.37 metros, quedou a uns escasos 4 m. da primeira posición. De seguro que ese ouro chegará en vindeiras competicións.
Parabéns, Roi.
Fotografías de José Manuel Sierra |
Ningún comentario:
Publicar un comentario