Alba Froiz Sampayo, Belén García Méndez, Belén García Rodríguez, María Mato Blanco e Miriam Moreiras López son as MATRÍCULAS DE HONRA 2024 do IES Ramón Mª Aller Ulloa.
As cualificacións acumuladas ao longo da súa vida académica son a cifra que lles outorga ese mérito, a honra de seren as cinco mellores da súa promoción. Unha cifra na que mesmo Alba e Miriam acabaron empatando, pero para os que fomos vendo a súa traxectoria nestes últimos anos, para os que tratamos con elas día a día, nas aulas, na Biblioteca, nos clubs de lectura, nas actividades extraescolares... os números son o de menos. Estas cinco mozas son "de matrícula" pola súa actitude: boas alumnas, magníficas compañeiras, excelentes persoas... e mulleres con enerxía ás que lles desexamos toda a sorte do mundo no seu camiño futuro.
Os nosos PARABÉNS para elas e, como non, para as súas familias, pois detrás do seu esforzo, do saber afrontar os problemas, do seu interese por aprender e mellorar, en definitiva, detrás destas cinco mulleres hai cinco familias que as guiaron para seren o que son: MULLERES DE MATRÍCULA.
Na imaxe, de esquerda a dereira, María, Miriam, Belén. G. Méndez, Belén G. Rodríguez e Alba. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario