Amosando publicacións coa etiqueta Deporte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deporte. Amosar todas as publicacións

08 xullo, 2023

Coa nosa xente: David Faílde, campión europeo

 

Faro de Vigo

Este venres 7 de xullo, os rapaces da Selección española Sub 17 de balonmán, proclamábanse CAMPIÓNS DE EUROPA, froito  dun traballo de equipo, de esforzo duro, e de privacións de moitas outras cousas que a rapazada da súa idade estaba a facer. E un dos nosos, DAVID FAÍLDE FUENTES, brillou con luz propia, defendendo a portería diante dos ataques da selección francesa. E como mostra o vídeo a seguir: 

 Parabéns, David, e a seguir desfrutando do deporte.

Imaxe: Faro de Vigo

Imaxe: La Voz de Galicia (cedida)


01 marzo, 2023

Programa Xogade

 Este martes 28 o alumnado de 3º de ESO, acompañado dos seus profesores de Educación Física Borja Costoya e Xabier Montoto, participou en Pontevedra nunha carreira de orientación en formato score (non lineal).

A actividade, que forma parte do Programa Xogade (Proxecta PVAD) consiste en atopar o maior número posible de balizas nun tempo máximo de 45 minutos, segundo un mapa que se lles aporta. Nesta primeira fase, zonal, a Illa das esculturas foi o escenario no que se desenvolveu a competición

Ademais de desfrutar do día, cunha xornada de sol e non moito frío, un dos representantes do IES Aller Ulloa, Xabier Verde, foi o campión na modalidade Cadete, atopando as 16 balizas totais en tan só 23 minutos e 4 segundos.

Nas fotografías de Borja Costoya podedes ver algúns dos momentos da actividade, así como o mapa co que o alumnado debía orientarse.

Xabier Verde, o noso flamante campión.



Un dos nosos equipos localizando unha baliza.





29 decembro, 2022

De Lalín á selección

Tres mozas e cinco mozos dezaos están concentrados desde onte mesmo coa Selección Galega de Balonmán, nas súas diferentes categorías, para participar no Campionato de España de Seleccións territoriais. A competición terá lugar en Alacante entre o tres e o oito de xaneiro.

Desde A Marela Tarabela non podemos máis que desexarlle moita sorte a toda esta rapazada, e recomendarlle que goce do momento e o pase o mellor posible. 

Na fotografía do xornal Faro de Vigo vemos aos alumnos do IES Aller Ulloa, Vera Sierra (1ª xogadora pola esquerda), David Faílde (3º), Iria Sierra (4ª) e Quique Portas (7º).




24 febreiro, 2022

Coa nosa xente : Patricia Blanco completa outro Zúric Maratón de Sevilla

Así titula Faro de Vigo a nova xesta de Patricia Blanco Pájaro o que nos enche de orgullo, e coa satisfacción de ter sido partícipes da súa formación e sobre todo da súa compañía. Xente de noso que amosa un espírito de superación que, nestes momentos tan complexos, todos deberiamos imitar.

Foto : Faro de Vigo / Xavier D'Arquer. No centro con gorra rosa Patricia.


 A seguir a foto de Patricia do curso 2007-2008:

Copyright : IES Aller Ulloa