Tres mozas e cinco mozos dezaos están concentrados desde onte mesmo coa Selección Galega de Balonmán, nas súas diferentes categorías, para participar no Campionato de España de Seleccións territoriais. A competición terá lugar en Alacante entre o tres e o oito de xaneiro.
Desde A Marela Tarabela non podemos máis que desexarlle moita sorte a toda esta rapazada, e recomendarlle que goce do momento e o pase o mellor posible.
Na fotografía do xornal Faro de Vigo vemos aos alumnos do IES Aller Ulloa, Vera Sierra (1ª xogadora pola esquerda), David Faílde (3º), Iria Sierra (4ª) e Quique Portas (7º).
Ningún comentario:
Publicar un comentario