A BIBLIOTECA DO MATEMÁTICO RODRÍGUEZ
15 febreiro, 2024
Matemático Rodríguez: Científico Galego do ano 2024
18 decembro, 2022
Estrelas da ciencia
Gciencia, o xornal galego de ciencia e divulgación dá conta da recente publicación da obra Estrelas galegas da Ciencia. Unha historia de persoeiros e achados asombrosos, de momento só en versión dixital.
Segundo recolle o xornal dixital, os autores confesan que, ao falar das científicas e científicos escollidos, querían construír "unha breve historia da Ciencia en Galicia", e inciden en que se trata dun libro "necesario e sorprendente, para un público infantil e adolescente, pero tamén para adultos con curiosidade pola historia"
A través dos 12 capítulos desta obra descubrimos a vida e obra de 14 científicos e científicas do período que vai desde o século XVII ao XX, entre eles O Matemático de Bermés e o seu biógrafo Ramón Mª Aller Ulloa, astrónomo, matemático e figura capital na creación do que o noso instituto, ao que acompaña a súa discípula predilecta, Antonia Ferrín Moreiras.
A presenza dezá complétase coa coautora do libro e antiga alumna nosa, Maite Vence, directora de Observer.
10 febreiro, 2022
Visita ao Centro de Investigacións Biolóxicas (CIBUS)
Natalia Fernández, Profesora de Bioloxía
Ao fío da visita, dous dos alumnos do STEM achegáronnos a seguinte reflexión:
"A actividade resultou moi interesante ao non poder facer uso no laboratorio do noso instituto destas técnicas coas que puidemos observar a actuación de bacteriófagos en disolucións con bacterias. Ao mesmo tempo, puidémonos facer unha idea aproximada do que é a vida na Universidade, e ata accedemos ao interior dos edificios das Facultades de Bioloxía e Medicina"
Marta García e Adrián Llinares, 2º Bac. A
10 xaneiro, 2020
Álbum de Galicia
Unha colección de biografías de persoas sobranceiras en moi diversos ámbitos, co obxectivo, como indica o propio Consello da Cultura Galega, de "dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia" e que, "en moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país".
A seguir o enlace a Ramón María Aller Ulloa e a José Rodríguez, o Matemático de Bermés.
31 outubro, 2014
Encontro (dobre) con... Gonzalo Navaza
Ás once, estará na biblioteca para comentar a súa obra literaria...
Á unha, no Salón Teatro, xuntarémonos os dous institutos de Lalín (e quen queira) para escoitalo falar sobre O matemático Rodríguez e celebrar o Día da ciencia en galego.
21 novembro, 2008
Un modelo de organización bibliotecaria: Universidade de Gotinga, 1817
En 1929, Don Ramón Aller redacta, a petición do Seminario de Estudos Galegos, a biografía de Joseph Rodríguez y González (Bermés-Lalín, 1770 – Santiago, 1824), un dos nosos máis descoñecidos homes de ciencia.Viaxeiro á procura do saber, O matemático de Bermés desprázase a Alemaña coa encomenda “de examinar los Establecimientos científicos de aquella Nación”... Especial atención lle mereceu a Biblioteca da Universidade de Gotinga, se cadra por contraste co que estaba afeito a ver. Así o deixou reflectido na carta que remite ao Claustro da Universidade de Santiago, o 1 de febreiro de 1817
El gobierno libra anualmente veinticuatro o veintiocho mil pesetas para gastos de libros, sin los regalos que a veces hacen los hermanos del Príncipe Regente de Inglaterra, discípulos que fueron de esta Universidad por espacio de tres años.
La dirección está a cargo de quatro bibliotecarios profesores, con varios ayudantes, escribientes, y criados a su disposición. Estos cuatro se reparten entre sí los diversos ramos de Ciencias y Literatura a fin de adquirir lo bueno que aparece en estos, y de formar la parte respectiva del catálogo, el cual consta ya de ciento veinte volúmenes en folio. Pero antes de inscribir en éste los libros adquiridos, los profesores de las facultades respectivas forman la censura y crítica conveniente que uno de los bibliotecarios está encargado de inscribir en el diario literario de
Despois de ler a resposta do claustro, o comentario de Don Ramón Aller non deixa dúbidas:
E seguimos…




