14 outubro, 2019

Exposición: 80 anos. Santiago, 1936

O Departamento de Historia, grazas á iniciativa da profesora Alba Payo de contactar co grupo de investigación da USC HISTAGRA, ofrécenos a toda a comunidade do IES Aller Ulloa, en especial ao alumnado de Bacharelato, a posibilidade de desfrutar da Exposición 80 anos. Santiago, 1936.

Como se informa no cartel, a exposición será inaugurada o próximo día 22 de outubro, mais xa poderemos contemplala a partir do venres 18.





Para saber máis sobre o colectivo de investigación HISTAGRA podedes consultar a súa páxina web:


08 outubro, 2019

Apollo XI. A misión en fotos.


Como actividade complementaria á conmemoración da chegada do ser humano á Lúa, no recanto Toc-TocA Ciencia podemos contemplar a Exposición fotográfica da misión Apollo XI, acompañada de fondos documentais da biblioteca.

A seguir unha mostra gráfica do evento:






07 outubro, 2019

Historias para non durmir

Se vos gusta o cine de terror, o bélico  ou o realista, mirade esta curta.


E, se vedes que tal, actuade.