O Departamento de Historia, grazas á iniciativa da profesora Alba Payo de contactar co grupo de investigación da USC HISTAGRA, ofrécenos a toda a comunidade do IES Aller Ulloa, en especial ao alumnado de Bacharelato, a posibilidade de desfrutar da Exposición 80 anos. Santiago, 1936. Como se informa no cartel, a exposición será inaugurada o próximo día 22 de outubro, mais xa poderemos contemplala a partir do venres 18.
Para saber máis sobre o colectivo de
investigación HISTAGRA podedes consultar a súa páxina web:
Como actividade complementaria á conmemoración da chegada do ser humano á Lúa, no recanto Toc-TocA Ciencia podemos contemplar a Exposición fotográfica da misión Apollo XI, acompañada de fondos documentais da biblioteca. A seguir unha mostra gráfica do evento: