24 outubro, 2019

Día mundial da animación 2019


Un ano máis lembramos que o 28 de outubro se celebra o Día Mundial da Animación e para tal efeméride pedímoslle, de novo, a Seve que nos seleccionase unhas curtas. Agasallounos coas doce propostas seguintes:

·        

Son unha tumba (2018), Khris Cembe (España-Galicia). Animación, 2D CGI-area,12 min. Trailer en Vimeo
 
·  Le dernier jour de d’automne (2019), de Marjolaine Perreten (Bélxica-Francia-Suíza). Animación, 2D CGI, 7 min. Trailer en Vimeo





    Agouro (2018), de David Doutel e Vasco Sá (Portugal). Animación, pintura-óleo CGI,15 min. Trailer en Youtube


 6:1 (2018), de Sergei Ryavov (Rusia). Animación, bonecos-plstilina, 3 min.  
 Memorable (2019), de Bruno Collet (Francia). Animación, bonecos 3D-CGI,12 min. Extracto en Youtube

  Etreintes (2018), de Justine Vuylsteker (Canadá). Animación, pantalla alfinetes, 6 min. Trailer en Youtube 
   Guaxuma (2018), de Nara Normande (Brasil-Francia). Animación, area en relevo-bonecos, 14 min. Trailer en Vimeo
Erebeta (2018), de François Vogel (Francia). Animación, pixelación, 4 min. Trailer en Vimeo


Movements (2018), de Dahee Jeong (Corea do Sur). Animación, debuxo animado, 10 min. Trailer en Vimeo
After The Rain (2018), de  Valérian Desterne, Juan Olarte Zúñiga, Carlos Osmar Salazar Tornero, Lucile Palomino, Juan Pablo de la Rosa Zalamea, Céline Collin e Rebecca Black (Francia). Animación, 3D CGI, 9min.  Trailer en Yummy Films

Leuki (2019), de Julien Leconte (Francia). Animación 2D CGI, 5 min. Trailer en Vimeo

L’heure de l’ours (2019), de  Agnès Patron (Francia). Animación, pintura animada, 14 min. Trailer en Vimeo



Literiatura [117] : Osvaldo Gutiérrez-Gómez

[Facilidades]



de Osvaldo Gutiérrez-Gómez en resistart.ir

22 outubro, 2019

80 anos. Santiago 1936: a inauguración

No vestíbulo do instituto que acolle a exposición 80 anos. Santiago 1936 tivo lugar o acto de inauguración da mesma coa intervención da directora Xoana Mouriño e do profesor da USC Antonio Miguez Macho, membro do grupo de investigación HISTAGRA, quen lles relatou ao alumnado de HMC de 1º de bacharelato o porqué da montaxe da exposición tendo esta como núcleo referencial a cidade de Santiago e que ben podería ser calquera outra cidade ou vila de Galicia. O profesor Antonio Miguez insistitu na necesidade de coñecermos o pasado histórico para poder ter criterio propio na análise do porqué do presente. O percorrido analítico da exposición complementouse coa proxección do vídeo 1936, un novo relato? 80 anos entre memoria e historia realizado por Óscar Gómez.
A seguir unha pequena reportaxe gráfica da exposición e da súa inauguración:


















20 outubro, 2019

80 anos. Santiago, 1936.


Xa podemos confirmar que no acto inaugural, tal e como se anunciaba no cartel do evento, ademais da presenza da directora do centro, Xoana Mouriño, contaremos coa dos profesores da USC Antonio Miguez Macho e Lourenzo Fernández Prieto.

14 outubro, 2019

18 de outubro: Día Europeo contra a Trata de Persoas


No Día Europeo contra a trata de persoas queremos achegar o noso pequeno gran de area sensibilizando a comunidade escolar ante este grave problema social que perpetúa a escravitude en pleno século XXI.
Sirva como denuncia o cómic “Esclavas” de Alicia Palmer e Bosco Rey-Stolle do que podedes obter plena información na Marela BD e que por suposto a biblioteca pon a dispor da comunidade educativa.


Podedes descargalo libre e gratuitamente, en PDF, desde o sitio de Bosco Rey-Stolle.