13 maio, 2021

Itinerario da Memoria histórica de Lalín

Os vindeiros 19 e 20 de maio, o alumnado de 4º da ESO B e C participará na actividade "Itinerario da Memoria histórica de Lalín", percorrido memorialista organizado e coordinado pola profesora Alba Payo, quen describe o obxectivo da actividade da seguinte maneira: 
"Os ecos do pasado non só están nos libros de texto. Se apartamos a vista do móbil, descubriremos o devir da historia moi preto de cada un de nós. Atrás queda a Guerra Civil e unha Ditadura da que non queremos dar conta, en demasiadas ocasións, por incómoda. Mais a historia está aí para molestarnos, advertirnos e ensinarnos. 
Nesta viaxe imos espertar a memoria de Lalín a través do nomenclátor das rúas, a simboloxía falanxista e os cambios funcionais de certos edificios con fortes connotacións históricas ou o seu derrubamento especulativo. Este itinerario pretende evitar a desmemoria do próximo e ser unha homenaxe ás vítimas da Guerra Civil e da Ditadura".

 
A seguir o rueiro memorialista:

E ao abeiro do Itinerario memorialista lembramos a activade O home do saco desenvolvida a raíz da lectura de Erros e tánatos de Gonzalo Navaza, que nos mostra “Unha viaxe por Lalín a través do tempo”

 

09 maio, 2021

Encontro con Álvaro López Valiñas

O vindeiro 13 de maio, o alumnado de 1º do Bacharelato de Ciencias terá un Encontro co biotecnólogo molecular Álvaro López Valiñas (xente de noso). O relatorio leva por título "Microbioloxía e patóxenos".

No cartel promocional damos conta do contido do relatorio:



08 maio, 2021

Xadrez de alto nivel con David Lariño Nieto, campión de España

Onte, 7 de maio, visitou o noso instituto o Gran Mestre de Xadrez David Lariño Nieto, campión de España absoluto na modalidade de clásica e varias veces na modalidade de xadrez rápido. O propósito da visita foi o de compartir experiencia e o de xogar ao longo da mañá unhas partidas simultáneas co alumnado de 1º da ESO que ten como materia optativa Xadrez, ademais de botar unhas partidas de exhibición  de xadrez relampo. 
A actividade estivo organizada e coordinada polo profesor de Xadrez, Santiago Cerviño.
Podemos ampliar a nova en La Voz de Galicia e en DZ Dixital, que a titulou "Gambito de dama no IES Aller Ulloa".
A seguir unha mostra do evento:
 




07 maio, 2021

Encontro con Alba Rozas : o acto

  Hoxe tivo lugar na Biblioteca o programado Encontros dos Clubs de lectura coa escritora Alba Rozas, ao fío da lectura de A caída de Guiomar. O alumnado do Club amosou moito interese e curiosidade, sobre o libro e sobre a propia autora.

A seguir unhas fotos do Encontro: